Curso Hilary Chaplain






Horario e datas
Impartido por Hilary Chaplain
Auditorio Municipal "Manuel María"
O Carballiño (Ourense)
Prezo: 285,00€
DATAS E HORARIOS:
Marzo - Abril de 2026
Do Martes 31 de Marzo ao Sábado 4 de Abril de 2026 de 10:00h. a 14:00h.
O sábado 4 haberá pola tarde/noite unha mostra ou clase aberta para público e entregarase o premio do Clowncurso.
Prazas: 16
Non é necesaria experiencia previa.
1. Reembolso do importe do curso
1.1 No caso de anulación por causas de forza maior devolveríase o total do importe ás persoas inscritas.
1.2 No caso de que non houbera o mínimo de 10 inscricións o curso podería anularse, e en tal caso devolveríase o total do importe pagado.
2. No caso de anulación do curso por enfermidade, accidente ou imprevisto do profesor
3. No caso de anulación por parte do participante
3.1 Non se reembolsará o importe do curso en ningún caso, excepto se houbera lista de espera e a praza fora ocupada por outra persoa que realizará o pago.
Contido
Obradoiro de Comedia Física para Clowns
Amplía a túa caixa de ferramentas cómica e eleva o teu “funny”… fisicamente! Neste obradoiro participativo e práctico, as persoas asistentes afondarán na mecánica da comedia física, descubrindo que a fai graciosa e como interpretala con autenticidade. A comedia física xera risa dentro dun contexto e a través das reaccións dinámicas da intérprete. É unha exploración fascinante que combina técnica, contexto e quen es ti como clown, e ademais é divertidísimo!
Ao longo do obradoiro experimentarás unha variedade de técnicas e actividades, incluíndo slapstick, xogos, improvisación, traballo en parella, comic timing e accidentes cómicos. Exercicios en solitario, en dúo e en grupo permitiranche explorar as dinámicas da comedia física e afinar o teu sentido intuitivo do ritmo cómico.
As persoas asistentes aprenderán a descompoñer o proceso de escritura e interpretación de material de comedia física. Ao rematar o obradoiro, as participantes serán capaces de crear e interpretar rutinas orixinais de comedia física, colaborar con confianza noutras escenas cómicas e aplicar o comic timing para potenciar a conexión co público.
Este obradoiro é axeitado para clowns, actores, improvisadoras, bailarinas e para calquera persoa interesada na arte da comedia física. Todas as participantes marcharán cun conxunto de ferramentas prácticas para potenciar tanto o físico como o cómico en calquera actuación!
Os participantes deben traer:
Roupa e calzado comodo.
Un nariz vermello pequeno con goma elastica. Unha botella de auga para beber.
Hilary Chaplain
Hilary Chaplain xira internacionalmente co seu espectáculo unipersoal A LIFE IN HER DAY, dirixido por Avner Eisenberg. Entre os seus premios destacan o Gran Premio no Arlekin Solo Puppet Festival e o Premio de Interpretación no XXI Festival Internacional “Valise”, ambos en Polonia, así como tres premios (incluíndo o Gran Premio) no festival Aquelarre 2006 en A Habana, Cuba. Hilary actuou en espectáculos de variedades por todo o mundo cos seus números cómicos curtos, recentemente no Palazzo Colombino Freiburg e no Kristallpalast Varieté, ambos en Alemaña.
Foi membro orixinal do elenco de Largely/New York de Bill Irwin e actuou na Broadway e no Delacorte Theatre na produción de The Tempest do Public Theatre, dirixida por George C. Wolfe. Tivo un papel destacado en Forrest Gump e interpretou unha avogada en Law and Order: Criminal Intent.
Hilary leva entretendo nenos en hospitais de Nova York como “Nurse Nice” no recoñecido Big Apple Circus Hospital Clown Program® (desde 1987) e é membro fundadora dos New York Goofs, un colectivo de clowns. Impartiu clases de Clown, Comedia Física e Clown de Hospital por todo o mundo e formouse con mestres como Aitor Basauri, Avner Eisenberg, Angela de Castro, Gardi Hutter, Bill Irwin, Dick Monday, Philippe Gaulier e Tony Montanaro.


