Valóranos
Déixanos a túa valoración en Google ou mira as que nos deixaron. Moitas grazas
Escola Galega de Clowns
A Escola Galega de Clowns é unha asociación cultural que nace coa idea de explorar e espallar o mundo do clown.
[email protected]
Whatsapp :
Jouse Garcia : 676929668
Paula Pato : 654367556
O noso proxecto
Estamos traballando en consolidar un proxecto que sexa serio, estable e duradeiro. Especialmente para ofertar os mellores cursos de clown e poder traer a Galicia aos mellores mestres de Clown.
A nosa motivación
O noso traballo é o noso obxectivo e a forza que nos impulsa. É a razón pola que imos adicar moito do noso tempo e pola que tentaremos que isto sexa un gran proxecto. Sen embargo, tamén contamos contigo para que nos aportes ideas ou nos recomendes xente coa que poder traballar.
Novidades
¡Aquí terá todo sobre as nosas novidades! Mantéñase ao corrente das últimas novas, eventos e acontecementos da nosa asociación. A nosa equipa presentaralle comentarios e opinións e lles informará sobre as datas importantes das actividades que organicemos. Actualizaremos a nosa lista de actividades con frecuencia, polo que sempre coñecerá os próximos eventos e os últimos cursos antes que ninguén.
Feliz ano 2023, comezamos o ano co Curso de David Larible do 10 ó 12 de xaneiro en Culleredo, en abril organizamos un curso con Claudia Cantone no Carballiño e próximamente anunciaremos novos cursos con Rui Paixão, Álex Navarro e Peta Lily.