Quen somos

Ningún comezo é fácil. Tamén nós atoparemos pedras no camiño; sen embargo, non temos pensado rendernos. ¿Por que? Porque este esforzo paga a pena para tentar ofertar e organizar cursos de clown de calidade e cos mellores mestres.

A Escola galega de Clowns é unha asociación cultural que nace con moitas ilusións e que se marca moitos obxectivos como:
 
Organizar de cursos de clown 
Impartir cursos de clown 
Recibir cursos de clown 
Organizar Mostras, Congresos, Festivais e Concursos de Clown 
Realización e difusión de espectáculos de Clown 
Intercambios con asociacións, entidades, grupos afeccionados ou profesionais de espectáculos.
E en definitiva calquera iniciativa relacionada co mundo do clown